28 artigo/s coa etiqueta Un pouco de todo


Merla merliña

Aquí deixo a letra desta fermosa cantiga de Xosé Luis Rivas Cruz (Mini) e un comentario sobre "neal" que segundo o dicionario de Eligio Rivas Quintas (1978), significa "niño de galiña", neste caso enténdese que de Merla.

Melra, melriña,
doce asubiar;
trás daquel valo;
fuches pousar;
eu hei sabere do teu neal,
eu hei sabere do teu neal.

Anque te agaches
no silveiral,
anque me leves
pra outro lugar;
eu hei sabere do teu neal,
eu hei sabere do teu neal.

Non teñas medo,
non hei roubar,
os paxariños
que queres gardar
quero sabere do teu neal,
quero sabere do teu neal.

Biquiño rubio,
lindo asubiar!,
dime onde gardas
o teu fogar.
Non teñas medo
non hei roubar,
nin os teus fillos,
ni o teu cantar.

Fuxan os ventos

Comportamento raro do corrector ortográfico Thunderbird 24.0.

Aquí atopei as solución:
http://forums.mozillazine.org/viewtopic.php?f=39&t=2752325
Consistiu en:
Ir a Ferramentas > Opcións... > Opcións Avanzadas > Xeral, premer no Editor de Configuración (logo confirmar a advertencia) copia e pega na barra de busca "mail.compose.max_recycled_windows" sen as vírgulas. Fai dobre clic na entrada que aparece e establécea a 0 (cero) no meu caso antes estaba en 1 (un). Reinicia o thunderbird e mira se se soluciona o problema.
No meu caso así foi.

FTPBox en galego.

Veño de enviar a tradución a FTPBox aos desenvolvedores. Pouca cousa 106 cadeas. De momento só está dispoñíbel para windows pero se non me erro está prevista unha versión para MAC e espero que tamén para Linux (isto último é un desexo). FTPBox é de código aberto e ten licenza GPL, a súa función é permitir manter sincronizado un cartafol local cun dun servidor FTP de tal xeito que se engades ou modificas un ficheiro no cartafol local FTPBox encargase de copiar o novo ficheiro ao servidor o mesmo pasa se no servidor se crea ou modifica un ficheiro. Isto, por exemplo, permite manter dous computadores sincronizados. Salvando as distancias sería algo parecido a Dropbox pero cun servidor FTP, a vantaxe, se é que o é, é que permitiría facer esta sincronización co teu propio servidor e polo tanto non depender de servizos externos.

O xogo do trompo no Grove.

Autor: Andres M. Muñiz Fontoira.

1. Introdución.

O trompo é un dos máis populares xogos tradicionais. Pese á súa antigüidade segue cativando ás novas xeracións sen perder, así, en absoluto o seu atractivo. Todo o mundo xogou algunha vez ó trompo. Hoxe en día o trompo é un xoguete máis que se pode mercar en calquera lugar e hainos de tódolos tamaños e materiais (sobre todo de plástico compacto), máis, os nosos avós tiñan que facelos eles e só de madeira, e esta madeira non podía ser calquera, tiña que ser unha madeira forte e dura como a de castiñeira, carballo e sobre todo de buxo.

2. O xogo.

O xogo que se xoga no Grove non ten nome, isto débese a que, neste concello, practicamente, só se coñece un xogo de trompo. Existe outro xogo: "xogo da focho" o que case non se xoga, pero sigamos co primeiro. Este xogo consiste en: 1. Establecer as regras. 2. Mirar quen vai a ser o quedado, que sempre vai ser un e só un, isto determinase mediante o Haber quen queda (ver cadro), este quedado poderá librar máis cara adiante cando algún outro xogador cometa un erro. O erro consiste en facer algunha destas accións:
  • cando o xogador tire o seu trompo non consiga que baile,
  • de conseguir que baile, que non sexa capaz de golpear ó trompo do quedado co seu trompo aínda bailando,
  • que se cole na quenda de outro,
  • facer algo prohibido nas Regras.
3. Comenzar a tirar segundo os postos preestablecidos no "Haber quen queda". Mentres tira un xogador os outros teñen que agardar. Os quedados han de ir rotándose a medida que vaian aparecendo erros. O que persegue o xogador é atinarlle á primeira ó trompo do quedado dándolle un "barrigolo" ou un "güesco" e así ver como este roda polo chan ou/e se lle fan pequenas marcas (a perfección neste xogo sería chegar a "fender" o trompo do quedado, caso que é case que imposible, a non ser que estea defectuoso), se non lle dá a primeira entón haberá que "tomar" para así, co trompo bailando na man achegalo ó máximo posible ó trompo do chan para soltalo riba deste, darlle, e así zafalo turno e non quedar. 4. Os xogadores (que non sexan os quedados) a medida que xa vaian cansos poden descansar un momento dicindo: "saio do xogo" e logo volver ("entro no xogo") ou por fin rematar a súa participación dicindo: "abandono". O xogo remata cando "abandonan", se "despiden", ou "saen do xogo" todos quedando só, por último, o quedado.

3. As regras.

As regas son unas sinxelas obrigas ditas antes de comenzar nada e as que hai que respectar. Con que haxa un xogador que dite unha legra xa ten que ser acatada, e non vale que outro xogador diga outra legra que a contradiga. As máis comúns son: -¡Non vale cambiar de trompo!. Polo que se prohibe que cando a un xogador lle toque estar de quedado cambie o seu trompo por outro (normalmente un trompo xa moi vello e sen punta). -¡Non vale despedida con batiqueira!. Prohíbese un tipo de despedida que consiste en coller o trompo do quedado e esnafralo contra un muro. -¡Non vale mirar güescos!. Co que non se permite tocarlle ó trompo do quedado para ver se se lle fixo algunha entalla.

4. Glosario.

1 Abandonar Deixar de xogar non podendo volver á partida, xamais se poderá abandonar mentres se está quedado.
2 Andar de barriga Forma incorrecta de xirar o trompo, xa que desprázase sobre a súa barriga, sen facer contacto no chan co ferrete.
3 Andar de carreiriña. Forma incorrecta de desprazarse o trompo, na que o seu ferrete e a súa barriga van ámbolos dous tocando o chan, e vitando así que o trompo baile.
4 Andar de cu É cando o trompo anda sobre o seu cu no lugar de andar sobre o ferrete.
5 Andar lanso É o contrario de andar raño, é dicir, o ferrete está perfectamente centrado, producindo así o seu ferrete unha sensación de suavidade na palma da man co seu bailar.
6 Andar raño Dise que o trompo anda raño cando ó tomalo, nótase na palma da man unha sensación moi vibrante e áspera producida polo movemento descentrado do ferrete.
7 Bailar Dise que un trompo baila cando está xirando sobre o ferrete, sendo esta a única parte do trompo en contacto co chan.
8 Barriga Parte do corpo do trompo onde esta se fai máis grosa.
9 Barrigolo Gran impacto que se produce coa barriga do trompo que lle toca xogar, sobre o outro trompo que fica no chan, ó ser, o primeiro, tirado; provocando un forte desprazamento sobre o segundo.
10 Bicar Dise que un trompo bica a outro cando despois de ser lanzado e estar bailando sobre o chan se achega ó segundo efectuando pequenos roces sobre este co seu xirar.
11 Bico Acción de bicar.
12 Brenza Cordel que é enroscado ó redor do trompo para logo, lanzando o trompo, este vire ó seu redor.
13 Buxa É a velocidade coa que o trompo xira.
14 Buxaina Trompo de madeira de buxo.
15 Cacerola Aro debuxado no chan, normalmente con radio de unha piola, do que se pretende sacar o trompo dun quedado.
16 Cambiar Cambiar de trompo (de novo a vello polo xeral) cando o xogador pasa a quedar. Isto é normalmente prohibido.
17 Cebola Trompo barrigudo con forma de cebola.
18 Coller fiarroca Dise de coller fiarroca cando se embrenza mal a piola quedando esta frouxa, producindo así un tiro errado.
19 Cu Parte superior sobresaínte do trompo na que se engancha a brenza.
20 Chapa Pequena placa de latón (xeralmente) que se coloca nun estremo da piola para facilitar o agarre desta.
21 Despedida É o último turno que fan os xogadores non quedados, para así, rematar o xogo.
22 Durmir É cando o trompo empeza a cambalearse por mor da pouca buxa que lle vai quedando.
23 Entrar no xogo Frase que se debe de dicir antes de volver a proseguir o xogo cando esta persoa "saíuse do xogo".
24 Entrar quedando É cando se admite a participar nunha partida xa comenzada a un novo xogador coa condición de que sexa o novo quedado.
25 Estrías Tres ou catro estrías talladas concentricamente nas 3/4 partes inferiores do trompo para evitar a fiarroca.
26 Fender Darlle un gran güesco ó trompo quedado, facendo que este parta en dúas metades.
27 Ferrete Punta de metal sobre a que xira o trompo.
28 Focho Burato no chan ó que se pretende levar o trompo do que queda.
29 Güesco Entalla, gravado que deixa un trompo ó bater noutro trompo co seu ferrete.
30 Librar É o feito de desaparecer a túa obriga de quedar, porque hai un novo quedado
31 O "haber quen queda" Pequeno xogo inicial no que tódolos participantes que van a xogar tíranlle a unha pedra pequena, o que máis lonxe quede será o primeiro quedado.
32 Partida Unha sesión de xogo que remata coa aparición dun gañador(es) definitivos.
33 Peón Trompo, buxaina.
34 Picó Acción que se efectúa un xogador dentro dunha partida con dous trompos á vez, e que consiste en tirar un dos trompos, e mentres este baile, co outro agarrado na man darlle coa punta ó trompo do quedado producíndolle a este pequenas entallas.
35 Piola Brenza.
36 Pirindola Trompo de pequeno tamaño xeralmente con moita buxa.
37 Punta Ferrete.
38 Quedado Persoa que queda deixando así o seu peón sobre o chan.
39 Quedar É cando ó inicio do xogo (por sorteo), ou mediante o transcurso do xogo (ó cometeres un erro), tócache deixar o trompo no chan para que os demais lle tiren.
40 Rañucada Trampa, engano que se fai.
41 Rañuqueiro Persoa que fai rañucadas.
42 Sairse do xogo Descanso momentáneo que pide un xogador sen a perdida dos seus dereitos, podendo proseguir o xogo máis tarde. O quedado xamais goza deste dereito. Se todos se saen do xogo acábase a partida.
43 Tirar Lanzar o trompo para facelo bailar.
44 Tiro Acción de tirar.
45 Tomar Coller o trompo, mentres está bailando, na man, mantendo este o seu baile.
46 Tomar coa brenza Acción de tomar axudándose da brenza, isto é, dáse unha volta coa brenza ó redor do trompo e mediante un golpe seco faise que este se levante do chan e así métese a man debaixo para tomalo.
47 Tomar no aire Tirar o trompo e antes de que cheque ó chan metela man embaixo e así non deixalo tocar chan.
48 Turno Momento no que lle toca a un xogador de tirar. Quenda.
49 Votar Tirar.
50 Zoar É o son que produce o trompo ó rozar co aire do seu redor cando baila.

Hello world! Migración a Wordpress.

Welcome to WordPress. This is your first post. Edit or delete it, then start blogging!

Acabo de migrar o blogue a Wordpress, e esta é a primeira entrada. A ver que tal esta nova andaina con este afamado xestor de contidos.

Pola democracia no software. Pola democracia no idioma.

Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor. O bipartito tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixeron foi a de lanzar o centro de software libre Mancomún. Durante os últimos anos Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis usados como o navegador (Firefox) ou a ofirmática (OpenOffice). O Galinux, un sistema operativo para poder ter a computadora completamente en galego tamén foi unha iniciativa de Mancomún.

Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu implantar o software libre, pero agora que están na Xunta ameazan con desmantelar Mancomún, e nós queremos evitalo. Se tí tamén queres que Mancomún continúe funcionando, axúdanos sumándote a esta campaña: clica nesta ligazón para enviarlles agora un correo electrónico.

--

Nota: esta é unha réplica da nova publicada en ciberirmandade, o luns 13 Xullo 2009, por mor de que A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún. nova publicada tamén en ciberirmandade.

Resposta do deputado peruano Edgar David Villanueva Núñez a Microsoft

Deixo aquí a resposta do deputado peruano Edgar David Villanueva Núñez (Lima, 8 de Abril de 2002, xa choveu!)a Microsoft, acabo de lela e parereceume interesante deixala aquí para tela a man.

http://www.gnu.org.pe/rescon.html

O sitio pasa a v. 0.3

Acabo de mudarlle a apariencia á web, a versión anterior tiña alguns erros, víase mal nalgún navegador.

Agora debería ter máis compatibilidade.

Cando se guirán todos os navegadores polo estandar w3c? Isto aforraría moitas horas de desenvolvemento pois o panorama actual implica as veces facer accións de malabarismo para que todo se vexa igual nos distintos navegadores.

Léxico: minuta, esbozo, bosquexo

Aquí deixo as definicións de tres novos termos segundo o Estraviz.

Minuta s. f. Primeira redacçom que se faz de qualquer documento para depois pô-lo em limpo [lat. minuta].

Esboço s. m. (1) Primeiro delineamento de uma obra de desenho ou pintura. Bosquejo. (2) Modelaçom inicial de uma escultura. (3) Sinopse, ideias gerais de uma obra de literatura. (4) Resumo, ensaio: esboço biográfico. Sinóns. Bosquejo, começo, debuxo, delineamento, desenho, ensaio [it. sbozzo].

Bosquejo s. m. (1) Acto ou efeito de bosquejar. (2) Esboço. (3) Plano, desenho. (4) Narraçom que se limita só aos traços essenciais.

Léxico: bambán, randeeira, arrandeadoiro, acaneadoiro, carriola

Estraviz

Bambám s. m. Pau colocado sobre um ponto de apoio no centro e em cujos extremos se sentam os miúdos para subir e baixar alternativamente. Sinón. Arrandeadoiro.

Randeeira s. m. Corda, rede ou galha verde de uma árvore, entretecida e sujeita polos extremos a dous pontos fixos, formando como uma espécie de assento para poder bambear-se.

Acaneadoiro s. m. Randeeira, trôndea.

Trôndea s. f. Balanço que se faz com os ramos das árvores.

Carriola s. f. (1) Randeia. (2) Espécie de alga. N. C. Chorda filum. (3) Fêmea do grilo.

Acaneadoiro s. m. Randeeira, trôndea.

 

RAG

bambán s.m. 1. Útil de divertimento que pode estar feito de materiais varios e de diversas formas, sendo a máis sinxela unha corda forte atada alto nunha póla, trabe, etc., e que cae formando un seo a máis altura có chan, onde unha persoa se pode sentar e arrandear mentres se suxeita coas mans á corda. Na acampada fixemos un bambán. SIN. arrandeadoiro, randeeira.
2. Útil de divertimento que consiste nunha barra fixa colocada sobre un punto de apoio no centro, nos extremos da cal se sentan os nenos para subir e baixar alternativamente. No parque hai moitos bambáns.

arrandeadoiro s.m. 1. Asento pendurado dunha póla, armazón, etc., con dúas cordas ou cadeas, que se utiliza para balancearse. No parque hai arrandeadoiros para os nenos. 2. Cadeira con brazos e respaldo, que ten as patas apoiadas en dúas barras en forma de arco, de modo que pode ser balanceada. Estaba no seu arrandeadoiro na solaina. u SIN. randeeira.

randeeira s.f. 1. Aparello para bambearse por divertimento, formado por dúas cordas ou cadeas penduradas, cun asento a certa altura do chan. Pasan a tarde xogando nas randeeiras. SIN. bambán. 2. Cadeira feita normalmente de madeiras lixeiras, con brazos e respaldo, que se apoia no chan en dúas barras en forma de arco, polo que pode ser arrandeada. Sentouse a ler na randeeira. u SIN. arrandeadoiro.

acaneadoiro s.m. bambán, randeeira.

Para os despistados, bambán en español é columpio.

Relacionado:

RAG

hamaca s.f. 1. Rede ou lona que, colgada polos dous extremos, serve para tombase nela e poder bambearse. Teño unha hamaca debaixo da maceira. 2. Cadeira baixa, co respaldo móbil, na que se pode estar tombado. Unha hamaca para a praia.

Amosando 1 a 10 de 28