2 artigo/s coa etiqueta Thunderbird


Instalar Thunderbird no Debian Wheezy

Desde que instalei o Crunchbang (Debian Wheezy), viña usando como xestor de correo o icedove. Canso de traballar unha versión antiga decidín instalar o Thunderbird.

O primeiro foi descargar o Thunderbird do sitio oficial:

$ wget http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/thunderbird/releases/latest/linux-x86_64/gl/thunderbird-31.1.0.tar.bz2

Descomprir en /opt/:

$ sudo tar -vjxf thunderbird-31.1.0.tar.bz2 -C /opt/

Crear os lanzadores:

$ sudo ln -sf /opt/thunderbird/thunderbird /usr/bin/thunderbird

Para que apareza no menú gnome crear o ficheiro /usr/share/applications/thunderbird.desktop e pór dentro:

Desktop Entry]
Name=Thunderbird
GenericName=Cliente de Correo
Comment=Revisa tus correos
Exec=/opt/thunderbird/thunderbird %u
Terminal=false
Icon=/opt/thunderbird/chrome/icons/default/default256.png
Type=Application
Categories=Application;Network;MailClient;Email;News;GTK;
MimeType=message/rfc822;
StartupWMClass=Thunderbird-bin
StartupNotify=true

Indicar que o Thunderbird será o xestor de correo predeterminado

$ sudo update-alternatives --install /usr/bin/x-mail-client x-mail-client /opt/thunderbird/thunderbird 10

Co anterior quedaría instalado o Thunderbird. Para poñelo no menú do Crunchbang, o seguinte é abrír o ficheiro ~.config/openbox/menu.xml, e xusto debaixo de:


		<item label="Web Browser">
			<action name="Execute">
				<command>
					x-www-browser
				</command>
			</action>
		</item>
puxen:
		<item label="Email Client">
			<action name="Execute">
				<command>
					x-mail-client
				</command>
			</action>
		</item>

O seguinte paso que seguín foi crear un atallo, para elo fun ó ficheiro ~.config/openbox/rc.xml e engadír debaixo de:

    <keybind key="W-w">
      <action name="Execute">
        <startupnotify>
          <enabled>true</enabled>
          <name>Web Browser</name>
        </startupnotify>
        <command>x-www-browse</command>
      </action>
    </keybind>

isto:

    <keybind key="W-i">
      <action name="Execute">
        <startupnotify>
          <enabled>true</enabled>
          <name>Email Client</name>
        </startupnotify>
        <command>x-mail-client</command>
      </action>
    </keybind>

Finalmente, para pasar o que tiña no icedove ó thunderbird copiei o cartafol do meu usuario chamado .icedove e renomeei a copia a .thunderbird, con isto paso todo o que tiña no idedove ó thunderbird.

Fontes: desdelinux e mizaqblog

Comportamento raro do corrector ortográfico Thunderbird 24.0.

Aquí atopei as solución:
http://forums.mozillazine.org/viewtopic.php?f=39&t=2752325
Consistiu en:
Ir a Ferramentas > Opcións... > Opcións Avanzadas > Xeral, premer no Editor de Configuración (logo confirmar a advertencia) copia e pega na barra de busca "mail.compose.max_recycled_windows" sen as vírgulas. Fai dobre clic na entrada que aparece e establécea a 0 (cero) no meu caso antes estaba en 1 (un). Reinicia o thunderbird e mira se se soluciona o problema.
No meu caso así foi.