4 artigo/s coa etiqueta Wheezy


Monitores de sistema para o Crunchbang (openbox)

Aparte do conky, quería algo que amosase en determinados momentos con máis detalle o que está a pasar no meu equipo en canto ó consumo de recursos, sobre todo da memoria, xa que ando algo escaso de RAM. Por iso instalei e probei estes 3 monitores do sistema:

  • gnome-system-monitor
  • lxtask
  • xfce4-taskmanager

Os valores en canto a consumos do lxtask máis do xfce4-taskmanager son os mesmos mais os do gnome-system-monitor son distintos, os deste último son máis baixos.

O gnome-system-monitor é o máis completo en canto a información fornecida, aparte de dar os valores en porcentaxe tamén ofrece os valores absolutos por exemplo indica a cantidade de memoria swap que se está a usar, tamén o uso das distintas particións...

O lxtask é o máis simple e tamén o que menos recursos consume. A información sobre o consumo de memoria RAM dao en valores absolutos, cousa que me parece máis interesante que só a opción en porcentaxe como é o caso do xfce4-taskmanager.

O xfce4-taskmanager xunto co gnome-system-monitor, tamén amosa a información da Swap usada, o problema que lle vexo é que os recontos tanto de RAM como de Swap son en porcentaxes e penso que é interesante amosar tamén o valor absoluto tal como fai o gnome-system-monitor.

Instalar Acrobar Reader no Debian Wheezy

As veces precisamos o lector de Adobe para ler determinados ficheiros PDF que non acaban de verse ben no Evince.

Para elo instalei o Acrobat Reader. Seguín os pasos indicados en okomestudio.

$ wget ftp://ftp.adobe.com/pub/adobe/reader/unix/9.x/9.5.5/enu/AdbeRdr9.5.5-1_i386linux_enu.deb
$ sudo dpkg --add-architecture i386
$ sudo apt-get update
$ sudo apt-get install libgtk2.0-0:i386 libxml2:i386 libstdc++6:i386
$ sudo dpkg -i AdbeRdr9*.deb

Unha vez instalado, para lanzar desde a consola:

$ acroread

Instalar Thunderbird no Debian Wheezy

Desde que instalei o Crunchbang (Debian Wheezy), viña usando como xestor de correo o icedove. Canso de traballar unha versión antiga decidín instalar o Thunderbird.

O primeiro foi descargar o Thunderbird do sitio oficial:

$ wget http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/thunderbird/releases/latest/linux-x86_64/gl/thunderbird-31.1.0.tar.bz2

Descomprir en /opt/:

$ sudo tar -vjxf thunderbird-31.1.0.tar.bz2 -C /opt/

Crear os lanzadores:

$ sudo ln -sf /opt/thunderbird/thunderbird /usr/bin/thunderbird

Para que apareza no menú gnome crear o ficheiro /usr/share/applications/thunderbird.desktop e pór dentro:

Desktop Entry]
Name=Thunderbird
GenericName=Cliente de Correo
Comment=Revisa tus correos
Exec=/opt/thunderbird/thunderbird %u
Terminal=false
Icon=/opt/thunderbird/chrome/icons/default/default256.png
Type=Application
Categories=Application;Network;MailClient;Email;News;GTK;
MimeType=message/rfc822;
StartupWMClass=Thunderbird-bin
StartupNotify=true

Indicar que o Thunderbird será o xestor de correo predeterminado

$ sudo update-alternatives --install /usr/bin/x-mail-client x-mail-client /opt/thunderbird/thunderbird 10

Co anterior quedaría instalado o Thunderbird. Para poñelo no menú do Crunchbang, o seguinte é abrír o ficheiro ~.config/openbox/menu.xml, e xusto debaixo de:


		<item label="Web Browser">
			<action name="Execute">
				<command>
					x-www-browser
				</command>
			</action>
		</item>
puxen:
		<item label="Email Client">
			<action name="Execute">
				<command>
					x-mail-client
				</command>
			</action>
		</item>

O seguinte paso que seguín foi crear un atallo, para elo fun ó ficheiro ~.config/openbox/rc.xml e engadír debaixo de:

    <keybind key="W-w">
      <action name="Execute">
        <startupnotify>
          <enabled>true</enabled>
          <name>Web Browser</name>
        </startupnotify>
        <command>x-www-browse</command>
      </action>
    </keybind>

isto:

    <keybind key="W-i">
      <action name="Execute">
        <startupnotify>
          <enabled>true</enabled>
          <name>Email Client</name>
        </startupnotify>
        <command>x-mail-client</command>
      </action>
    </keybind>

Finalmente, para pasar o que tiña no icedove ó thunderbird copiei o cartafol do meu usuario chamado .icedove e renomeei a copia a .thunderbird, con isto paso todo o que tiña no idedove ó thunderbird.

Fontes: desdelinux e mizaqblog

wxFormBuilder en debian wheezy

Deixo aquí un xeito bastante porco de como instalar a versión 3.3.0.4. Esta versión incorpora xeración de código python. O paquete que instalei foi o:

wxformbuilder_3.3.04-0ubuntu1~precise1_amd64.deb

que está aquí.

O problema é que non cumpría a dependencia do libc6 xa que require maior que 2.14, para elo o que fixen foi engadir os repositorios de jessie:

deb http://ftp.de.debian.org/debian jessie main

instalei a versión 2.19, e logo desactivei os respositorios (desde o synaptic).

Logo xa deixou instalar.

Hai que ter en conta que avisou de que o protector de pantalla quedaría inestable e supoño que pode que me depare algunha que outra sorpresa.

Unha vez instalada a dependencia que requiría o wxformbuilder desactivei os respositorios jessie (testing).