2 post/s with categoría Agricultura


Néboda.

Néboda, tamén chamada nébeda e co nome científico "Calamintha nepeta", é unha planta aromática da familia da menta empregada na cociña.
Medra entrado o verán e non precisa ser replantada ano a ano quedando en estado latente durante os meses do inverno.
No outono as flores que conteñen a semente caen ó chan nacendo novas plantas a vindeira primavera. As flores comezan a aparecer a finais de agosto.
Adoita medrar de xeito salvaxe pero pode plantarse en testos. A esperanza de vida da néboda é de 3 a 4 anos.
En canto a enfermidades, o único problema que pode padecer é o oídio.
Fonte: http://en.wikipedia.org/wiki/Calamintha_nepeta

Escarabello na laranxeira

Hoxe saqueille unhas fotos a un insecto que teño na laranxeira, as son estas: - - A min, que non teño nin idea na materia, pareceume un escaravello, pero resulta que é o gorgullo do eucalipto (Gonipterus scutellatus Gyllenhal) polo visto come nos eucaliptos e ven de australia. Pois si que andan despistados!!