95 post/s with categoría Gnu/linux


Activar o atallo para duplicar a liña no Eclipse no escritorio XFCE

O atallo do eclipse para duplicar unha liña é «Control+Alt+Frecha Arriba», e resulta que no contorno de escritorio XFCE ese mesmo atallo serve para ir ó espazo de traballo superior o que fai que o do eclipse non funcione.

Para solucionar isto, no meu caso optei por borrar o atallo do XFCE. Para elo fun ó xestor de xanelas, logo á lapela teclado onde buscando la lista atopei o susodito atallo o cal limpei premendo o botón Limpar.

Fonte: Superuser.com

Engadindo un segundo dominio ó servidor

Neste caso o sitio vai estar só no porto seguro (443 que é o https). Nun artigo anterior xa comentei como certificar o servidor polo que neste só comentarei como obter o certificado para o novo dominio. O proceso que seguín é o seguinte:

No meu caso un servidor con Debian 9 Stretch

Engadín o novo dominio noficheiro hosts:

# nano /etc/hosts

e engadín a liña:

127.0.0.1www.novo-sitio.com

Engadín un novo sitio no apache, para elo executei a orde:

# nano /etc/apache2/sites-available/novo-sitio.conf

Dentro puxen:


    ServerAdmin webmaster@novo-sitio.com
    ServerName www.novo-sitio.com
    ServerAlias www.novo-sitio.com

    # As catro liñas de abaixo son para o certificado SSL/TLS
    SSLEngine On
    SSLCertificateFile    /var/lib/acme/live/www.novo-sitio.com/cert
    SSLCertificateKeyFile /var/lib/acme/live/www.novo-sitio.com/privkey
    SSLCertificateChainFile /var/lib/acme/live/www.novo-sitio.com/fullchain

    DocumentRoot /home/www-data/novo-sitio

    
        Options Indexes FollowSymLinks MultiViews
        AllowOverride All
        Require all granted
    
    
    CustomLog /var/log/apache2/access_novo-sitio.log common
    ErrorLog /var/log/apache2/error_novo-sitio.log

O seguinte paso que fixen foi solicitar o certificado para o novo sitio, para elo:

# acmetool want www.novo-sitio.com

Logo comprobei o estado dos certificados no equipo:

# acmetool status

Debería aparece o anterior dominio do aloxado no servidor máis o novo sitio que acabo de dar de engadir.

De seguido comprobei a configuración do Apache coa orde:

# apache2ctl configtest

Debería aparecer como resultado «Syntax Ok»

Se todo está ben, recárgase o Apache:

# service apache2 reload

Solicitude de desbloqueo do anel de chaves no XFCE

Resulta que tras identificarme no Debian 9 Stretch con XFCE co meu usuario e contrasinal na sesión XFCE, ó acceder a determinados servizos do sistema operativo, este solicítame desbloquear o anel de chaves (keiring). O desbloqueo do anel de chaves debería ser automático ó identificarme na sesión. Isto fallar porque hai unha eiva tal como indican aquí superuser.com e aquí launchpad.net

A solución foi doada, tal como se indica nas páxinas de arriba modifiquei todos os ficheiros /etc/xdg/autostart/gnome-keyring-*.desktop engadindo XFCe na liña "OnlyShowIn". No meu caso quedou así:

OnlyShowIn=GNOME;Unity;MATE;XFCE;

Reparar tema Adwaita do XFCE 4.12 (Debian 9 Stretch)

Resulta que nas caixas de texto ó querer situar o cursor entre dous determinados caracteres, a posición do cursor sitúase desprazada un carácter á dereita.

Para solucionar isto modifiquei o ficheiro do tema /usr/share/themes/Adwaita/gtk-2.0/main.rc na posición 46:

GtkEntry::inner-border = {7, 7, 4, 5}

por

GtkEntry::inner-border = {0, 0, 4, 5}

Os valores fan referencia ós bordos entre o texto {esquerda, dereita, arriba, abaixo}, o problema é que o valor do bordo á esquerda fai que o clic non coincida coa posición á que o cursor se sitúa, poñendo este tanto á dereita respecto do clic tanto como valor teña de bordo.

Acentos enriba de vocales Debian 9 Stretch

Isto pasoume nunha instalación limpa de Debian 9 Stretch, no canto de poñer áéíóú, aparecía 'a'e'i'o'u.

Isto debe estar relacionado co erro (e coas preferencias IBus):

WARNING **: Error converting text from IM to UTF-8: Invalid byte sequence in conversion input

Este erro dóuseme nos aplicativos desenvolvidos con wxpython, para solucionar isto desde a consola executei:

$ im-config

Inicialmente saen unha notas, Aceptei, logo un aviso de se quero empregar unha personalización, premo en Si, e logo elixo a opción «none», tal como comentan aquí tamén funciona coa opción «uim».

Finalmente para que teña efecto hai que saír da sesión e entrar novamente.

A lapela da area tactil (synaptics) non aparece no xfce

Isto pasoume no Debian 9 Stretch.

A pesar de que o wiki de debian para a area tactil di que non se instale o paquete xserver-xorg-input-synaptics, no meu caso a solucion pasou por instalar este paquete.

Unha vez instalado toucou reiniciar a sesion.

Personalizar o mapa do teclado en Debian 9 Stretch

As veces podemos querer modificar algunhas teclas para ter caracteres máis accesibles. É por iso que existen distintas variantes das distribucións xerais, unhas poden ser para mellorar a dispoñibilidade do idioma no que se escribe, outras en función das tarefas que se realizan por exemplo dvorak para os escritores de texto, para os que fan programación...

No meu caso quixen facer unha variante programador que afecta ás teclas que están a carón do ñ. Estas teclas son as únicas que implica empregar a mesma man para o seu uso. As teclas que se premen coa man esquerda e Alt Gr (que se preme coa esquerda) non foron alteradas.

selecionar_teclado

O proceso para engadir esta variante foi:

Modificar o ficheiro /usr/share/X11/xkb/symbols/es engadindo seguinte texto:

partial alphanumeric_keys
xkb_symbols "esp" {

    include "es(basic)"

    name[Group1]="Spanish (Spain, programmer)";   
    key <AD11>	{ [ asterisk, bracketleft, dead_grave, dead_abovering ] };
    key <AD12>	{ [ plus, bracketright,  dead_circumflex, dead_macron ]	};
    key <AC11>	{ [ dead_acute, braceleft,  ccedilla ]	};
    key <BKSL>	{ [ dead_diaeresis, braceright, Ccedilla ]	};
};

Modificar os ficheiros do cartafol /usr/share/X11/xkb/rules/ chamados base.lst e evdev.lst engadindo o seguinte texto no apartado ! variant:

  esp             es: Spanish (Spain, programmer)

Modificar os ficheiros do cartafol /usr/share/X11/xkb/rules/ chamados base.xml e evdev.xml engadindo o seguinte texto no apartado <variantList>:

        <variant>
          <configItem>
            <name>esp</name>
            <description>Spanish (Spain, programmer)</description>
            <languageList>
              <iso639Id>esp</iso639Id>
            </languageList>
          </configItem>
        </variant>

Unha vez feito o anterior xa se pode seleccionar o teclado desde o menú Configuración->Teclado->Disposición

selecionar_teclado

Firefox "Abrir o cartafol contedor" abre baobab

En inglés. Firefox "Open Containing Folder" opens baobab".

A solución a isto atopeina no bugzilla de redhat.com.

A solución pasou por modificar o ficheiro:

# nano /usr/share/applications/mimeinfo.cache

Busquei a liña onde estaba o baobab, a de abaixo, e borrei a primeira parte onde estaba o baobab, quedando así:

inode/directory=Thunar-folder-handler.desktop;... aquí pode haber algo máis.

Esta orde faino automáticamente

sudo sed -i 's/^inode.*$/inode\/directory=Thunar-folder-handler.desktop;/' /usr/share/applications/mimeinfo.cache

Instalar wxpython phoenix no Debian 9 Stretch baixo Python 3

Non logrei que funcionase dentro da contorna virtual, polo que o instalei fora. Para que compile é preciso instalar previamente os seguintes paquetes:

$ sudo apt-get install python3-gst-1.0 gstreamer1.0 
$ sudo apt-get install libgstreamer-plugins-base1.0-dev libgstreamer1.0-dev
$ sudo apt-get install libgtk2.0-dev libwebkitgtk-dev libwebkitgtk-3.0-dev
$ sudo apt-get install mesa-common-dev libglu1-mesa-dev

Logo instalei o pip para python 3:

$ sudo apt-get install python3-pip

E finalmente:

$ sudo pip3 install --upgrade --pre -f https://wxpython.org/Phoenix/snapshot-builds/ wxPython

Instalou!!

user@debianstretch:~$ sudo pip3 install --upgrade --pre -f https://wxpython.org/Phoenix/snapshot-builds/ wxPython
[sudo] password for user: 
Collecting wxPython
  Using cached https://wxpython.org/Phoenix/snapshot-builds/wxPython-4.0.0b2.dev3307+d7cae3f.tar.gz
Requirement already up-to-date: six in /usr/lib/python3/dist-packages (from wxPython)
Building wheels for collected packages: wxPython
  Running setup.py bdist_wheel for wxPython ... done
  Stored in directory: /root/.cache/pip/wheels/84/7f/a5/c8259920ef35976c848549797679223097cb7bd964a492d505
Successfully built wxPython
Installing collected packages: wxPython
Successfully installed wxPython-4.0.0b2.dev3307+d7cae3f
user@debianstretch:~$ python3
Python 3.5.3 (default, Jan 19 2017, 14:11:04) 
[GCC 6.3.0 20170118] on linux
Type "help", "copyright", "credits" or "license" for more information.
>>> import wx
>>> wx.version()
'4.0.0b2.dev3307+d7cae3f gtk3 (phoenix)'
>>> 
user@debianstretch:~$

Para usar as wxpython dentdro de virtualenv fixen unha ligazón, no meu caso, en debian 9 Stretch, foi:

ln -s /usr/local/lib/python3.5/dist-packages/wx* /home/usuario/.virtualenvs/app-py3/lib/python3.5/site-packages/

Quitar o botón de hibernar e o de suspender no XFCE

Para retirar o botón de suspender na xanela de saír da sesión, basta con executar a seguinte orde na consola:

xfconf-query -c xfce4-session -np '/shutdown/ShowSuspend' -t 'bool' -s 'false'

Para retirar o botón de hibernar na xanela de saír da sesión, basta con executar a seguinte orde na consola:

xfconf-query -c xfce4-session -np '/shutdown/ShowHibernate' -t 'bool' -s 'false'

Non é preciso reiniciar, os cambios son instantáneos.

Fonte: linux.chrissweeney.co.uk

Amosando 1 a 10 de 95