5 artigo/s coa etiqueta Contribucion
Hoxe enviei unha nova versión da extensión do corrector de Galego, trátase da 13.10.0. Eunha versión que contén achegas da comunidade e para os máis estritos creei unha nova extensión co corrector ortográfico de galego que só contén termos do VOLGA (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega).
Ámbalas extensións conteñen os ficheiros de dicionarios desenvolvidos por Proxecto Trasno baixo a coordinación de Antón Méixome logo de meses de duro traballo. Ditos dicionarios serven amais para outros aplicativos como o Libreoffice e Openoffice.org. A miña labor só se limita a empaquetalos para que a comunidade que emprega os produtos de Mozilla poida gozar do traballo dos desenvolvedores.
Velaquí as ligazóns:
Versión comunidade (neste intre pendente de revisión):
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/
Versión VOLGA (neste intre pendente de aprobación):
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego-volga/

Que marabilla! Acaba de enviarme un correo Lorenz Froihofer indicando que a próxima versión do XNote virá coa mellora que lle fixen chegar.