5 artigo/s coa etiqueta Wordpress


Data en minúsculas no wordpress.

Resulta que o wordpress xusto debaixo do título do artigo poñíame a data do mesmo co nome do mes en maiúsculas.

O tema que estou a usar é o twenty eleven. Para facer que apareza a data en minúsculas, fun a modificar o ficheiro de estilo (style.css) e ó final engadín:

.entry-date { text-transform: lowercase; }

Solución ás ligazóns permanentes.

Desde que mudei a web ao novo servidor non me funcionaban as ligazóns permanentes co formato amigable.
Inicialmente pensei que era cousa do Wordpress pero hoxe insistindo no tema atopei a solución.
Resulta que o problema estaba na configuración do apache. Despistou me que o ModRewrite estaba activo pero non era suficiente, e tiña cousas mal configuradas.
Neste caso o que tiven que mudar foi a configuración do FollowSymLinks.

Na configuración do Apache e referido ao cartafol do aloxamento establecín estes parámetros:

Options Indexes FollowSymLinks
Options FollowSymLinks
AllowOverride All
Order allow,deny
Allow from all

Agradecemento á comunidade de Wordpress en Galego.

Meu agradecemento á comunidade de Wordpress en galego. Grazas a ela podo ter o tema TwentyTen completamente traducido. A tradución pode descargarse de aquí: http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/themes/twentyten/ Para instalala hai que copiar os ficheiros no cartafol do tema TwentyTen chamado languages. ('/wp-content/themes/twentyten/languages/')

Geshi no wordpress

Até o de agora viña empregando o engadido "WP-GeSHi-Highlight" para resaltar o código no wordpress, o caso é que non sei porque motivo, producía unha serie de erros ao amosar artigos que o empregaban, o caso é que ao desactivalo deixaron de aparecer os avisos ("Warnings").

Como hai máis alternativas decidín probar outro engadido, trátase de PluGeSHin.

O seu funcionamento é ven simple, vou deixalo aquí a modo de lembrete.

Segundo a páxina do engadido temos:

Exemplo 1 (Xeito básico de uso):

[[geshi]CODE[/geshi]]

Exemplo 2:

[[geshi lang="php" nums="0"]CODE[/geshi]]

Onde:

lang = linguaxe de programación.
nums = [0|1] indica se amosa o número de liña ou non.

Exemplo 3:

[[geshi lang="cpp" start="37" nums="1" highlight="4,13"]CODE[/geshi]]

Neste caso temos dous atributos novos:

start = indica o número de liña no que comeza o código.
highlight = resalta as liñas indicadas.

Como nota final temos que se queremos escapar ao propio código do geshi hai que empregar a seguinte sintaxe:

[[[geshi] ... [/geshi]]]

Isto fai que se inhiba o engadido PluGeSHin (do Wordpress) e non interprete o código.

Actualización (2012-05-17):

Xa detectei o erro polo cal o engadido WP-GeSHi-Highlight lanzaba os avisos, resulta que tiña un espazo despois dunha etiqueta HTML "pre" o que facía producir dito aviso.

Unha vez detectado e tendo en conta que dado o funcionamento de ambos engadidos: WP-GeSHi-Highlight e PluGeSHin, vou usar novamente o WP-GeSHi-Highlight o motivo é que ao desactivalo o código segue a verse, sen formato pero vese ben por estar dentro dunha etiqueta HTML "pre", mentres que o engadido PluGeSHin ao empregar corchetes, no momento que se desactiva deixa restos de código visíbeis nos contidos.

Tradución do Wordpress 3.0.2 ao galego.

Despois de mirar e procurar pola rede adiante resulta que atopei as traducións ao galego do Wordpress. Deixo aquí estes apuntamentos. Aquí atopei algunhas cousas. E aquí está a futura tradución da versión 3.1. http://translate.wordpress.org/projects/wp/dev/gl/default