2 artigo/s coa etiqueta Virtualbox


VirtualBox 4.3.32

Despois de actualizar o Debian de Wheezy a Jessie deixaron de funcionar os controladores USB polo que non podía conectar nada ó sistema operativo convidado.

Resulta que o problema estaba en que no Jessie a versión do VirtualBox é a 4.3.32, máis as guest additions que están dispoñibles son as 4.3.18 a versión que lle corresponde non está polo menos eu no a atopei.

Buscando logrei atopar un sitio para a súa descarga, o iso está aquí:

http://download.virtualbox.org/virtualbox/4.3.32/

Instaleinas e novamente volveu funcionar a detección de dispositivos USB!!

Como montar disco vdi (do virtualbox)

Deixo aquí esta receita.

Lista de discos duros do VirtualBox:

$ VBoxManage list hdds

Da orde de arriba obtemos o UUID:

$ VBoxManage clonehd 01dd352c-3e15-4887-9cb7-dadf0b22f64e imaxe.img -format RAW

Monta a imaxe xerada:

# cd m/media
# mkdir imaxe
# mount -o loop,offset=32256 imaxe.img /media/imaxe

Fonte: espaciolinux.com