5 artigo/s coa etiqueta Openbox


Alternativas a Crunchbang#!

Unha vez que morreu o proxecto Crunchbang busquei alternativas. De momento as máis intersantes das que atopei foron estas:

BunsenLabs que é á que se pode acceder desde a web de crunchbang.

Nesta páxina da wikipedia que curiosamente non fala nada de BlusenLabs nomean a CrunchBang++

E hai máis, en desdelinux.net atopei a proposta de Semplice, que é unha distribución tamén baseada en Debian, algo que me gustou é que teñen versións para 32 e 64 bits e o máis interesante é que teñen versión baseada en debian estable e outra en inestable (sid).

Neste artigo de entornosgnulinux falan de TweakLinux como outro sucesor de CrunchBang.

Agora toca ir probando a ver con cal me atopo máis a gusto.

Amosar o tamaño das imaxes na barra de estado do Thunar

Cando actualicei de debian wheezy a jessie desapareceume esta opción, buscando achei o xeito de recuperala.

Para elo executei na consola a seguinte orde:

xfconf-query --channel thunar --property /misc-image-size-in-statusbar --create --type bool --set true
Tal como indican na web de xfce - thunar.

Openbox PolicyKit authorization failed ó conectar modem USB

Resulta que despois de actualizar o crunchbang de debian wheezy a jessie ó conectar o modem USB atopeime este erro no momento de meter o PIN:

PolicyKit authorization failed: challenge needed for 'org.freedesktop.ModemManager1.Device.Control'

Procurando probei esta solución:

1. open Default Apps for LXSession
 2. click on "autostart tab"
 3. make sure "PolicyKit Authentication Agent" is checked

Pero no meu caso non funcionou, eu penso que é porque teño openbox.

Finalmente atopei isto nos foros de crunchbang:

Executei isto no terminal:

/usr/lib/policykit-1-gnome/polkit-gnome-authentication-agent-1 &

E xa foi.

Para facer que isto sexa permanente, puxen dita liña no autostart.

Crunchbang, actualización do debian 7 wheezy a debian 8 jessie

Durante a tarde de onte e parte da mañá de hoxe estiven a realizar a actualización do debian á nova versión que saíu o pasado día 25 de abril.

Seguín esta guía (entornosgnulinux)

No meu caso, como é normal tiven algunha que outra diferencia, nos repositorios engadín os do dock-cairo (que xa tiña) para a doca.

Unha vez seguidos todos os pasos todo foi ben, salvo que me desapareceu a icona do son (pnmixer), para que volvese tiven que borrar o cartafol pnmixer:

 ~/.config/pnmixer/pnmixer

O dmenu deixou de funcionar ben, tal como comentan nos comentarios do artigo que seguín, onde tamén dan a solución, parece que o problema está no paquete suckless-tools o cal na súa última versión xa non dispón da orde dmenu_path.

A solución pasa por modificar o ficheiro ~/.config/dmenu/dmenu-bind.sh e mudar a liña:

exe=`dmenu_path | dmenu -b -nb '#151617' -nf '#d8d8d8' -sb '#d8d8d8' -sf '#151617'` && eval "exec $exe"

por

exe=`dmenu_run -b` && eval "exec $exe"

Tamén deixou de suspender mediante o menú de sair de crunchbang cb-exit que se lanza mediante a orde Supr+X, a solución foi modificar o ficheiro /usr/bin/cb-exit:

# nano /usr/bin/cb-exit

e deixei a parte de suspensión así:

        def suspend_action(self,btn):
                self.disable_buttons()
                self.status.set_label("Suspending, please standby...")
                #os.system("cb-lock")
                #os.system("dbus-send --system --print-reply --dest=\"org.freedesktop.UPower\" /org/freedesktop/UPower org.freedesktop.UPower.Suspend")
                os.system("dbus-send --print-reply --system --dest=org.freedesktop.login1 /org/freedesktop/login1 org.freedesktop.login1.Manager.Suspend boolean:true")
                gtk.main_quit()

Monitores de sistema para o Crunchbang (openbox)

Aparte do conky, quería algo que amosase en determinados momentos con máis detalle o que está a pasar no meu equipo en canto ó consumo de recursos, sobre todo da memoria, xa que ando algo escaso de RAM. Por iso instalei e probei estes 3 monitores do sistema:

  • gnome-system-monitor
  • lxtask
  • xfce4-taskmanager

Os valores en canto a consumos do lxtask máis do xfce4-taskmanager son os mesmos mais os do gnome-system-monitor son distintos, os deste último son máis baixos.

O gnome-system-monitor é o máis completo en canto a información fornecida, aparte de dar os valores en porcentaxe tamén ofrece os valores absolutos por exemplo indica a cantidade de memoria swap que se está a usar, tamén o uso das distintas particións...

O lxtask é o máis simple e tamén o que menos recursos consume. A información sobre o consumo de memoria RAM dao en valores absolutos, cousa que me parece máis interesante que só a opción en porcentaxe como é o caso do xfce4-taskmanager.

O xfce4-taskmanager xunto co gnome-system-monitor, tamén amosa a información da Swap usada, o problema que lle vexo é que os recontos tanto de RAM como de Swap son en porcentaxes e penso que é interesante amosar tamén o valor absoluto tal como fai o gnome-system-monitor.