3 artigo/s coa etiqueta Eclipse


Emprego de virtualenv con Eclipse

Emprego Eclipse con engadido PyDev. Pois ben, este permite escoller o interprete python para cada proxecto.

No momento de configurar o proxecto (e unha vez creado tamén), pode seleccionarse o interprete.

Os interpretes poden xestionarse en Window->Preferences->PyDev->Interpreters->Python Interpreter. Desde aquí para engadir unha contorna virtual (virtualenv) no momento se seleccionar o executable, selecciono o da contorna virtual por exemplo: /home/usuario/.virtualenvs/envpy34/bin/

Un detalle é que o Eclipse vai tratar de avisar para engadir tamén as rutas fora da contorna as cales desmarquei.

Fonte: stackoverflow.com

Engadido PyDev no Eclipse Luna

Despois de actualizar o Eclipse de Keppler a Luna desapareceron os proxectos do PyDev Package Explorer.

A solución no meu caso foi, tal como indican aquí, ir ó menú despregable do Explorador de proxectos PyDev-> Elementos do primeiro nivel e seleccionar Proxectos (drop-down menu in Project Explorer and going Top Level Elements and select Projects).

O paquete Eclipse Classic muda de nome

O que durante anos Eclipse ven empaquetando como Classic agora chámao Committers.

Iso é o que din aquí:

Eclipse Standard 4.4 (which was called Eclipse Classic before Kepler) was renamed into Eclipse IDE for Eclipse Committers 4.4.1.

Fonte: http://eclipse.dzone.com/articles/eclipse-ide-java-developers