2 artigo/s coa etiqueta Wxformbuilder


Compilar wxformbuilder para o ubuntu 16.04

Seguindo as instrucións de README, apareceu este erro:

Linking additional-components-plugin
/usr/bin/ld: cannot find -lwx_gtk2u_media-3.0
collect2: error: ld returned 1 exit status
additional-components-plugin.make:85: recipe for target '../../../output/lib/wxformbuilder/libadditional.so' failed
make[1]: *** [../../../output/lib/wxformbuilder/libadditional.so] Error 1
Makefile:24: recipe for target 'additional-components-plugin' failed
make: *** [additional-components-plugin] Error 2

A solución foi instalar:

libwxgtk-media3.0-dev

Compilar o wxFormBuilder en Debian Wheezy

Despois de comentar Como instalar o wxFormBuilder no Debian Wheezy trampeado e deixando o sistema algo inestable, agora vou comentar como compilalo e así non ter que tocar/mesturar os repositorios stable con testing.

Os pasos son ben dados:

Primeiro instálanse estos paquetes que son necesarios:

$ sudo apt-get install libwxgtk3.0-0 libwxgtk3.0-dev libwxgtk-media3.0-dev

Poida que sexa preciso establecer esta versión como predeterminada, para elo fará falta a orde:

$ update-alternatives --config wx-config

Logo descargase o paquete do código fonte e descomprímese:

$ unzip wxFormBuilder_v3.5.0-beta-source.zip

Tamén se pode obter do seguinte xeito (non o probei):

$ mkdir ~/src/wxformbuider
$ cd ~/src/wxformbuilder
$ svn checkout svn://svn.code.sf.net/p/wxformbuilder/code/3.x/trunk head

Iso crea o cartafol source, e entrase nel:

$ cd source

Logo fai falta darlle permisos de execución ó ficheiro create_build_files4.sh, para elo:

$ sudo chmod u+x create_build_files4.sh

Execútase dito ficheiro:

$ ./create_build_files4.sh

Agora toca construír:

$ cd build/3.0/gmake
$ make config=release

Se todo foi ben xa se pode probar:

$ cd ../../../output/bin/
$ ./wxformbuilder

Listo! con isto xa debería estar a funcionar.

Estes pasos veñen no ficheiro README incluído no paquete wxFormBuilder_v3.5.0-beta-source.zip descargado do sitio de wxFormBuilder