2 artigo/s coa etiqueta Linux


catfish: error: no such option: --fileman

O catfish deixoume de abrirse desde o iniciador personalizado do Thunar. O motivo foi:

catfish: error: no such option: --fileman

Este parámetro foi eliminado das opcións do catfish. A solución foi mudar o lanzador de:

catfish --fileman=thunar --hidden --path=%f

por

catfish --hidden --path=%f

Instalar XAMP en debian

Descargase o XAMPP e unha vez descargado dansellepermisos de execución e instálase:

chmod 755 xampp-linux-*-installer.run
sudo ./xampp-linux-*-installer.run

Ábrese unha xanena cun instalador gráfido. Instálase no cartafol /opt/lampp.

Para iniciar temos dous xeitos:

sudo /opt/lampp/lampp start   # o xeito desde consola. Tamén acepta stop.
sudo ./manager-linux.run   #modo gráfico, dentro de /opt/lampp
sudo ./manager-linux-x64.run   #modo gráfico para sistemas 64bits, dentro de /opt/lampp

Se todo foi ben e todos os servidores están a traballar, cando entramos en:

http://localhost

Veremos a páxina de inicio con varias opcións, así como o estado dos servidores.

O cartafol raiz do servidor web (Document Root) é:

/opt/lampp/htdocs

No caso de usar ontro, como por exemplo /var/www poida que interese o emprego de ligazóns simbolicas:

sudo ln -s /var/www/cartafol /opt/lampp/htdocs/cartafol

Algo que nunca hai que facer é:

chmod -R 755 /opt/lampp/

isto fará que quede parado na pantalla de benvida.

Fonte: rafallinux

Logo tiven o seguinte problema:

(2002, “Can't connect to local MySQL server through socket '/var/run/mysqld/mysqld.sock' (2)”)

Foi aquí onde atopei a explicación para solucinalo, no meu caso o que fixen foi isto:

$ cd /var/run/
$ sudo mkdir mysqld
$ sudo ln -s /opt/lampp/var/mysql/mysql.sock /var/run/mysqld/mysqld.sock