14 artigo/s coa etiqueta Crunchbang


Alternativas a Crunchbang#!

Unha vez que morreu o proxecto Crunchbang busquei alternativas. De momento as máis intersantes das que atopei foron estas:

BunsenLabs que é á que se pode acceder desde a web de crunchbang.

Nesta páxina da wikipedia que curiosamente non fala nada de BlusenLabs nomean a CrunchBang++

E hai máis, en desdelinux.net atopei a proposta de Semplice, que é unha distribución tamén baseada en Debian, algo que me gustou é que teñen versións para 32 e 64 bits e o máis interesante é que teñen versión baseada en debian estable e outra en inestable (sid).

Neste artigo de entornosgnulinux falan de TweakLinux como outro sucesor de CrunchBang.

Agora toca ir probando a ver con cal me atopo máis a gusto.

Amosar o tamaño das imaxes na barra de estado do Thunar

Cando actualicei de debian wheezy a jessie desapareceume esta opción, buscando achei o xeito de recuperala.

Para elo executei na consola a seguinte orde:

xfconf-query --channel thunar --property /misc-image-size-in-statusbar --create --type bool --set true
Tal como indican na web de xfce - thunar.

Openbox PolicyKit authorization failed ó conectar modem USB

Resulta que despois de actualizar o crunchbang de debian wheezy a jessie ó conectar o modem USB atopeime este erro no momento de meter o PIN:

PolicyKit authorization failed: challenge needed for 'org.freedesktop.ModemManager1.Device.Control'

Procurando probei esta solución:

1. open Default Apps for LXSession
 2. click on "autostart tab"
 3. make sure "PolicyKit Authentication Agent" is checked

Pero no meu caso non funcionou, eu penso que é porque teño openbox.

Finalmente atopei isto nos foros de crunchbang:

Executei isto no terminal:

/usr/lib/policykit-1-gnome/polkit-gnome-authentication-agent-1 &

E xa foi.

Para facer que isto sexa permanente, puxen dita liña no autostart.

Crunchbang, actualización do debian 7 wheezy a debian 8 jessie

Durante a tarde de onte e parte da mañá de hoxe estiven a realizar a actualización do debian á nova versión que saíu o pasado día 25 de abril.

Seguín esta guía (entornosgnulinux)

No meu caso, como é normal tiven algunha que outra diferencia, nos repositorios engadín os do dock-cairo (que xa tiña) para a doca.

Unha vez seguidos todos os pasos todo foi ben, salvo que me desapareceu a icona do son (pnmixer), para que volvese tiven que borrar o cartafol pnmixer:

 ~/.config/pnmixer/pnmixer

O dmenu deixou de funcionar ben, tal como comentan nos comentarios do artigo que seguín, onde tamén dan a solución, parece que o problema está no paquete suckless-tools o cal na súa última versión xa non dispón da orde dmenu_path.

A solución pasa por modificar o ficheiro ~/.config/dmenu/dmenu-bind.sh e mudar a liña:

exe=`dmenu_path | dmenu -b -nb '#151617' -nf '#d8d8d8' -sb '#d8d8d8' -sf '#151617'` && eval "exec $exe"

por

exe=`dmenu_run -b` && eval "exec $exe"

Tamén deixou de suspender mediante o menú de sair de crunchbang cb-exit que se lanza mediante a orde Supr+X, a solución foi modificar o ficheiro /usr/bin/cb-exit:

# nano /usr/bin/cb-exit

e deixei a parte de suspensión así:

        def suspend_action(self,btn):
                self.disable_buttons()
                self.status.set_label("Suspending, please standby...")
                #os.system("cb-lock")
                #os.system("dbus-send --system --print-reply --dest=\"org.freedesktop.UPower\" /org/freedesktop/UPower org.freedesktop.UPower.Suspend")
                os.system("dbus-send --print-reply --system --dest=org.freedesktop.login1 /org/freedesktop/login1 org.freedesktop.login1.Manager.Suspend boolean:true")
                gtk.main_quit()

Monitores de sistema para o Crunchbang (openbox)

Aparte do conky, quería algo que amosase en determinados momentos con máis detalle o que está a pasar no meu equipo en canto ó consumo de recursos, sobre todo da memoria, xa que ando algo escaso de RAM. Por iso instalei e probei estes 3 monitores do sistema:

  • gnome-system-monitor
  • lxtask
  • xfce4-taskmanager

Os valores en canto a consumos do lxtask máis do xfce4-taskmanager son os mesmos mais os do gnome-system-monitor son distintos, os deste último son máis baixos.

O gnome-system-monitor é o máis completo en canto a información fornecida, aparte de dar os valores en porcentaxe tamén ofrece os valores absolutos por exemplo indica a cantidade de memoria swap que se está a usar, tamén o uso das distintas particións...

O lxtask é o máis simple e tamén o que menos recursos consume. A información sobre o consumo de memoria RAM dao en valores absolutos, cousa que me parece máis interesante que só a opción en porcentaxe como é o caso do xfce4-taskmanager.

O xfce4-taskmanager xunto co gnome-system-monitor, tamén amosa a información da Swap usada, o problema que lle vexo é que os recontos tanto de RAM como de Swap son en porcentaxes e penso que é interesante amosar tamén o valor absoluto tal como fai o gnome-system-monitor.

Crunchbang "failed to execute login command"

Este erro déuseme máis dunha vez. Deixo aquí como resolvín por se reaparece.

1. Executar:

sudo update-alternatives --config x-session-manager

e asegurarse de que o xestor de sesións é openbox

2. Crear un ficheiro chamado .xinitrc no cartafol do usuario (/home/cartafoldousuario/) e poñer dentro do ficheiro:

#! /bin/bash exec dbus-launch openbox-session

Nota sobre a liña de arriba: retirei ck-launch-session porque con iso non me suspendía.

3. Modificar /etc/slim.conf e substituir login_cmd con esta liña:

login_cmd exec /bin/bash - ~/.xinitrc %session

4. Crear un ficheiro chamado .xsession no cartafol do usuario (/home/cartafoldousuario/) e poñer dentro este contido:

#! /bin/bash /bin/bash --login -i ~/.xinitrc

e listo!

Fontes: Este fío do foro crunchbang e este outro fío

Preferencias do rato no CrunchBang Openbox

Para xestionar as preferencias do rato, sensibilidade e aceleración ou cambio a zurdo está o lxinput.

Para elo:

$ sudo apt-get install lxinput

e logo

$ lxinput

Isto é válido tamén para Debian.

Instalar Acrobar Reader no Debian Wheezy

As veces precisamos o lector de Adobe para ler determinados ficheiros PDF que non acaban de verse ben no Evince.

Para elo instalei o Acrobat Reader. Seguín os pasos indicados en okomestudio.

$ wget ftp://ftp.adobe.com/pub/adobe/reader/unix/9.x/9.5.5/enu/AdbeRdr9.5.5-1_i386linux_enu.deb
$ sudo dpkg --add-architecture i386
$ sudo apt-get update
$ sudo apt-get install libgtk2.0-0:i386 libxml2:i386 libstdc++6:i386
$ sudo dpkg -i AdbeRdr9*.deb

Unha vez instalado, para lanzar desde a consola:

$ acroread

Axustar tempo de retardo para pulsacións continuas e ratio de repetición

O primeiro valor especifica en milisegundos o tempo de espera antes de comezar a repetir a pulsación e o segundo o número de repeticións por segundo.

O primeiro que se amosa son os valores predeterminados do crunchbang.

$ xset q | grep 'auto repeat'
  auto repeat:  on    key click percent:  0    LED mask:  00000000
  auto repeat delay:  250    repeat rate:  25
  auto repeating keys:  00ffffffdffffbbf

$ xset r rate 200 25
  Xlib:  extension "XFree86-Misc" missing on display ":0.0".

$ xset q | grep 'auto repeat'
  auto repeat:  on    key click percent:  0    LED mask:  00000000
  auto repeat delay:  200    repeat rate:  25
  auto repeating keys:  00ffffffdffffbbf

Instalar libreoffice 4 en galego no debian wheezy

1. Engade os backports para o debian wheezy no teu ficheiro /etc/apt/sources.list:

deb http://ftp.debian.org/debian/ wheezy-backports main

2. Actualiza:

$ sudo apt-get update

3. Instala o libreoffice 4.0:

$ sudo apt-get -t wheezy-backports install libreoffice

4. Instala a tradución ó galego:

$ sudo apt-get -t wheezy-backports install libreoffice-l10n-gl

5. Instala a posibilidade de modificar pdf:

$ sudo apt-get -t wheezy-backports install libreoffice-pdfimport

6. Instala a icona do iniciador rápido barra de tarefas(para o meu caso que é openbox):

$ sudo apt-get -t wheezy-backports install libreoffice-gtk

7. Instala o corrector para español (o galego instálao automaticamente ó ter o sistema en galego):

$ sudo apt-get -t install myspell-es

Listo!

Fonte: scottlinux.com

Amosando 1 a 10 de 14