6 post/s with categoría Galego


Pronuncia de «ao» e «aos» en galego

Cada vez é máis común escoitar pronunciar «ao» como «ao» (tal como se escribe) no canto de «ɔ» ó. O mesmo acontece con «aos» contracción que ten como único xeito de pronunciarse «ɔs» ós.

Resúltame incomprensible que tendo na escrita opcións válidas como ó (a+o) e ós (a+os) as cales concordan ó 100% coa fala, non se empreguen máis.

Isto está claramente indicado na normativa do galego no punto 14.1.2.1 onde di:

«O encontro da preposición a co artigo masculino o(s) resólvese graficamente como ao(s) ou ó(s). A pronuncia correcta, sexa cal for a súa representación, é [O], que é a única que se rexistra en practicamente todo o dominio lingüístico galego.»

Como xa comentei hai tempo, este artigo de Xesús Ferro Ruibal publicado en La voz de Galicia («Postergar o que está vivo»), non ten desperdicio ningún.

Días das letras galegas

A mesa, días das letras galegas, 17 de maio.

Segunda forma do artigo, crónica dunha morte anunciada

Xa o dicía Xesús Ferro Ruibal neste artigo de La voz de Galicia («Postergar o que está vivo»). A segunda forma do artigo desaparecerá, e así está sendo.

Por outra banda e respecto a «ó» é «ós»Hoxe xa escoitamos «ao» e «aos» mesmo en anuncios publicitarios, incluso teño visto na escrita «a o» e «a os» separado.

Foscallar

Aquí deixo outro termo que non está no dicionario. Será que é léxico do Grove?

Foscallar ven a ser como andar a fozar en algo sen saber moi ben que se fai.

Por exemplo, cando se avaría algo, pois foscállase a ver se se fai funcionar.

Tamén se usa por exemplo cando alguén se por a andar con cousas que non debería, por exemplo cando alguén se pon a manexar algo unha computadora sen saber ben o que fai.

Quiricallento

Resulta que parece que esta palabra non está na rede, diría que vou ser o primeiro que a insire.

Supoño que será por ser léxico do Grove (igual que cabuxa=cabra).

En canto ó significado diría que é sinónimo de mexeriqueiro.

Tradución ó galego de Framadate

Framadate é un aplicativo para facer enquisas entre os membros de grupos, por exemplo para quedadas. Algo similar a doodle (privativo), dudle, nuages...

Hoxe enviei a tradución ao galego a traveso de github. En total foron algo máis de 300 cadeas.