15 artigo/s coa etiqueta Joomla!


Memoria de tradución de Joomla! 2.5.4.

O día de onte, 21 de maio foi publicada, na web do Proxecto Trasno a primeira memoria de tradución de Joomla!, foi feita a partir da tradución da versión 2.5.4 (cuarta revisión da versión 2.5) que é a que neste momento está en vigor. Consta de 32513 palabras e 4993 cadeas e ten un tamaño de 149KB. A tradución para Joomla! 2.5.4 foi pendurada onte (21 de maio de 2012) en joomlacode.org (a forxa de Joomla!) e está traducida ao 99% (practicamente completa). O galego está entre as traducións acreditadas por Joomla! o que permite que o instalador tamén estea traducido e polo tanto, poder levar a cabo o proceso de instalación en galego.

Tradución dos ficheiros de instalación do Joomla! 1.6

Acabo de enviar ao sitio de Joomla! a tradución para que se poida instalar a nova versión 1.6 (que está a piques de saír) en galego.
Non é que vaia super revisada pero algo é algo.
Aproveito para comentar cal foi o proceso que seguín para levar a cabo a tradución.
Primeiro comentar que os ficheiros de idioma para o Joomla! teñen un formato diferente do habitual que é .po (gettext), o formato de ditos ficheiros é .ini é neste caso trátase dunha variábel seguida un signo '=' e logo ven a cadea entre vírgulas.
A verdade é que me resulta complicado recuperar traducións anteriores.
Para elo instalo, no joomla! o complemento jolomea, o cal permite pasar de .ini a .po
Logo collo a tradución da versión anterior e pásoa tamén a po, unha vez ámbalas en .po emprego o pomerge (do translation tool kit) para aproveitar o que coincida (pouca cousa neste caso).
Logo ven traducir o que queda, para elo empreguei o jolomea, cousa que foi un erro porque cando hai código html ( ou outros especias) polo medio tirula (falla).
Finalmente pasei novamente a .ini o traducion e logo cun procesador de texto plano comprobei vendo tamén o orixinal (empregando unha xanela dobre) e fun engadindo o que faltaba, corrixindo erros de vírgulas, código html...
En fin, que da máis choio todo o relacionado con conversións que a propia tradución.
Logo facer e enviar o paquete coa tradución das máis de 200 cadeas ao equipo de traducións do Joomla!.

Nota, unha extensión para o Joomla!

Xa hai tempo desenvolvín unha extensión e un complemento para o Joomla! e os cales pendurei aquí:

http://joomlacode.org/gf/project/nota/frs/

Esta extensión emprégoa para por un módulo, no lateral da web coas ultimas actualizacións realizadas. Permíteme pór unha data, un texto coa descrición da actualización e logo ligar dito texto con un contido da web mediante o id ou con unha ligazón mediante url. deste xeito os visitantes poden ver as novidades penduradas (en contidos estáticos por exemplo) sen ter que revisar toda a web.

Copias de seguranza de Joomla con Akeeba Backup

O Akeeba Backup é un compoñente que é o sucesor de outro chamado JoomlaPack, que a día de hoxe aínda está en activo pero que parece que a partires do 1 de agosto do 2010, deixa de ter soporte.

O caso éque quero comentar que me parece unha boa ferramenta tanto para a realización de copias de seguranza como para a migración dun servidor a outro xa que permite xerar un ficheiro que ao movelo a outro servidor e descomprimilo executase un instalador que instala un clon da web orixinal no momento de facer a copia de seguranza.

Este complemento pode descargarse da web oficial de extensións do Joomla!

Sitio oficial: Akeeba Backup

Joomla! 1.5.15 en galego

Acabo de anovar a versión dos paquetes de galego para o Joomla! á versión actual que é a 1.5.15.

Preme aquí para descargalos.

Que preste!

Anovado o paquete de idioma do Joomla 1.5.13

Queda anovado o paquete de tradución do joomla ao galego para a versión do joomla 1.5.13.

Os ficheiros están listos para a descarga aquí.

Que preste!

Joomla! 1.5.10 tradución ao galego

Xa está dispoñible a tradución do Joomla! ao galego para a versión 1.5.10.

Pódese descargar premendo aquí.

O Joomla! é un xestor de contidos web moi potente desenvolvido en php que usa mysql como base de datos. Este sitio por exemplo vai sobre Joomla!.

Activar o engadido Geshi no Joomla 1.5

Activar o modulo geshi no joomla é doado, outra cousa é que as cores se adapten ao noso sitio.

Que tiven que facer para ver ben o codigo?

Primeiro, tiven que engadir o python ao engadido geshi, pois non ben de serie no Joomla!

Como?

Descargando o geshi do sitio oficial: http://qbnz.com/highlighter/

Logo descomprimimos e collemos a linguaxe que nos interese e copiamola no cartafol do joomla, joomla/libraries/geshi/geshi/, con isto xa traballa.

Agora no contido hai que indicar que é codigo e de que linguaxe é, así:

<pre xml:lang="python">print "Hello World!"</pre>

Que da como resultado:

print "Hello World!"

Ademáis tiven que facer uns axustes no css do tema do joomla! engadindo no css isto:

pre, .code {
	padding: 10px 15px;
	margin: 5px 0 15px;
	border-left: 5px solid #999999;
	background: #333;
	font: 1em/1.5 "Courier News", monospace;
}

Logo no geshi (joomla/libraries/geshi/geshi.php) mudar na liña que comeza por "var $line_style1" o black por white porque senón no meu actual tema non se visualiza ben por ter fondo escuro.

Tamén tiven que facer axustes deste tipo (cores) no ficheiro (joomla/libraries/geshi/geshi/python.php)

Finalmente quero comentar a posiblidade de pór o número de liña, vexamos un exemplo de código python:

<pre xml:lang="python" lines="true">print "Hello World!"</pre>
print "Hello World!"

Polo resto, todo ben

Comentarios no blogue

Estamos de estrea!

Acabo de instalar no blogue un novo sistema de comentarios. Máis simple.

O seu autor é 3DEN Studio.

Aínda está en fase beta máis faltalle o ficheiro de idioma pero usábel.

Para o ficheiro de idioma, tiven que engadir en /languages/gl-ES/ o ficheiro gl-ES.mod_comments.ini co texto:

ADD_YOUR_COMMENT=Adicione seu comentario
LIST_LAYOUT=Listaxe de comentarios
COMMENTS=Comentarios

Sei que está incompleto pero no meu caso chégame.

{comments}

Joomla! 1.5.9 en galego

Xa está dispoñibel a tradución de Joomla! 1.5.9 ao galego, tanto para o sitio como para o panel de administración. Máis revisada e coas novas incorporacións.

Pode descargarse de extensións de joomla e tamén directamente desde a forxa de joomla.

Amosando 1 a 10 de 15