Foscallar

Aquí deixo outro termo que non está no dicionario. Será que é léxico do Grove?

Foscallar ven a ser como andar a fozar en algo sen saber moi ben que se fai.

Por exemplo, cando se avaría algo, pois foscállase a ver se se fai funcionar.

Tamén se usa por exemplo cando alguén se por a andar con cousas que non debería, por exemplo cando alguén se pon a manexar algo unha computadora sen saber ben o que fai.