Instalación do VirtualBox Guest Additions no debian 9 Strech

Estes días instalei a RC3 do Debian 9 Strech nunha máquina virtual do VirtualBox.

Quixen instalar os engadidos para o sistema hóspede, pero desde o menú xeral a imaxe VBoxGuestAdditions.iso non se montaba nin se instalaba.

A solución foi pasala manualmente ó sistema hóspede e instalar manualmente.

A ruta da imaxe é /usr/share/virtualbox/VBoxGuestAdditions.iso, para pasala empreguei o fireftp a traveso da conexión sftp. Copieina no cartafol do usuario principal.

Unha vez pasada creei un cartafol en media chamado VBGuestAD:

# mkdir /media/VBGuestAD

Monteina:

# mount -o loop /home/usuario/VBoxGuestAdditions.iso /media/VBGuestAD/

Entrei no cartafol motado:

# cd /media/VBGuestAD/

Executei o instalador:

# ./VBoxLinuxAdditions.run

Fallou, instalei dkms (no hóspede).

# apt-get install dkms

E xa instalou. Logo reiniciei.


Actualización:

Por razóns de espazo asignado ó disco duro, tiven que reinstalar. Desta vez empreguei un segundo xeito que resulta moito máis sinxelo.

O caso é que o cd coas VirtualBoxGuestAdditions é montado pero non deixa instalalas desde o cdrom. A solución que probei e funcionou foi, creei un cartafol no cartafol do meu usuario chamado VBGuestAD:

$ mkdir /home/usuario/VBGuestAD

Logo copiei o do cd ó cartafol:

$ cp -rf /media/cdrom0/* /home/usuario/VBGuestAD/

Finalmente executei o instalador:

$ sudo ./VBoxLinuxAdditions.run