Forzar https e uso de www no Apache

Deixo aquí estas notas de como configurar o Apache para forzar ó sitio a usar https e que o emprego de www. antes no nome de dominio.

Para elo fixen uso do módulo Rewrite do Apache.

O primeiro foi engadir dentro de as liñas:

 RewriteEngine on
# Forzar o emprego de https
  RewriteCond %{HTTPS} off
  RewriteRule ^ https://%{HTTP_HOST}%{REQUEST_URI} [NE,L,R=301]

Con isto, o tráfico é redirixido do porto 80 ó 443 que é o que emprega a conexión segura https.

Logo, queda forzar ó emprego de «www.» no caso de non estar presente antes do nome do dominio, para elo engadín dentro de as liñas:

RewriteEngine on
  #Forzar o emprego de www.
  RewriteCond %{HTTP_HOST} ^damufo.com [NC]
  RewriteRule (.*) https://www.%{HTTP_HOST}%{REQUEST_URI}

Se, pola contra, quixese forzar ó NON emprego de «www.» antes do nome do dominio, no canto de engadir o de arriba, o que faría sería engadir:

  RewriteEngine on
  # Forzar o emprego de non-www
  # RewriteCond %{HTTP_HOST} ^www\.(.+) [NC]
  # RewriteRule ^ https://%1%{REQUEST_URI} [L,R=301]

É imporante que dentro do virtualhost estea establecido o nome do servidor, no meu caso:

ServerName damufo.com