Sobre a web

Ó longo do anos a web foi mudando (evolucionando, ou iso penso) á vez que me servía para adquirir novos coñecementos.

2006-02-16. Primeira versión feita con Joomla!, durante ese tempo e algún máis, mantiven traducidos os paquetes de galego da portada, do panel de control (administración) e a instalación.

2010-12-04 mudo ó xestor de contidos WordPress, o motivo non foi porque o Joomla! fose mal, senón por mudar un pouco e coñecer máis sobre este popular xestor de contidos.

2014-02-26 paso a usar un xestor de contidos desenvolvido por min o cal está baseado no InstantPress v2.1.2 (2012-01-31) que desenvolveu Martín Mulone e corre baixo web2py.