Instalar a impresora Samsung ML1660 en Debian Jessie

Non sei porque motivo se deixou de funcionar a impresora, supoño que foi unha actualización.

A solución foi descargar o ficheiro uld_v1.00.36_00.91.tar.gz (15.4 MB) logo desde a consola situándome no cartafol onde descarguei:

$ tar xvzf uld_v1.00.36_00.91.tar.gz
$ cd uld
$ sudo ./install-printer.sh

Compilar wxformbuilder para o ubuntu 16.04

Seguindo as instrucións de README, apareceu este erro:

Linking additional-components-plugin
/usr/bin/ld: cannot find -lwx_gtk2u_media-3.0
collect2: error: ld returned 1 exit status
additional-components-plugin.make:85: recipe for target '../../../output/lib/wxformbuilder/libadditional.so' failed
make[1]: *** [../../../output/lib/wxformbuilder/libadditional.so] Error 1
Makefile:24: recipe for target 'additional-components-plugin' failed
make: *** [additional-components-plugin] Error 2

A solución foi instalar:

libwxgtk-media3.0-dev

Voltímetro (divisor) para Arduino

Deixo aquí esta ligazón, hispavila.com. Trátase dun moi bo manual de como facer un voltímetro (divisor) para CC para Arduino. Isto permite medir voltaxes superiores a 5 volts, no caso do exemplo de 0 a 55V.

Desbloquear folla en libreoffice

Descarguei unha folla xls para o cálculo de ángulos de paneis fotovoltaicos (de nergiza.com). O caso é que ó gardala en ods a folla deixaba de deixar poñer as distintas opcións indicando que as celas estaban protexidas.

Estiven buscando algún aplicativo para desbloqueala, atopei varios que di que permiten recuperar a clave para os seu desbloqueo. Non me gusta instalar este tipo de aplicativos polo que antes de comezar o proceso fixen copia do disco duro virtual, tanto en win7 como en xp par ao rematar borrar as que tiñan as instalacións e deixar as iniciais limpas. O caso é que nada funcionou, unhas cascaban, e outras invitaban a mercar a versión de pagamento.

Finalmente despois de horas, cheguei a esta páxina de askubuntu.com, onde comentan isto:

I found a very simple way to unlock a sheet (open office 1.0) but should be similar on other versions.
Change extention .ods to .zip
unzip the file in a folder.
Find the document.xml or content.xml file it contains.
Edit this xml file to find something like this:
table:name="*****" table:style-name="ta1" table:protected="true" table:protection-key="wUuUTMMJGNiaa2+yng4cFP6WeFg="
delete the two elements:
table:protected="true" table:protection-key="wUuUTMMJGNiaa2+yng4cFP6WeFg="
copy the modified document.xml in the originel zip file give back the .ods extention to that file That's done: your sheet is no longer protected!

E resulta que algo tan simple foi a solución!!

Reparar sectores defectuosos en disco duro desde linux

Para reparar os sectores defectuosos podes probar isto:

  1. Atopa o teu disco duro con lsblk.
  2. Lembra o código do disco duro, debería ser algo como /dev/sda1.
  3. Desbota o número do código obtido, se o código é /dev/sda1 o código a usar é /dev/sda.
  4. Executa esta orde: sudo badblocks /dev/sda > /home/$USER/bad-blocks
  5. Para discos de máis de 1,5 TB, executa esta orde: sudo badblocks -b 4096 /dev/sda > /home/$USER/bad-blocks
  6. Executa esta orde: sudo fsck -l bad-blocks /dev/sda

Para discos de gran tamaño, orde básica non vai, ofrece un erro como o seguinte: badblocks: Valor grande de máis para o tipo de datos definido invalid en block (5860520960): must be 32-bit value

A solución para por exemplo un disco de 6 TB sería executala engadindo o parámetro -b 4096:

# badblocks -b 4096 -v /dev/sda

É importante que o disco a revisar non teña ningunha partición montada. Ten que ter todas as particións desmontadas.

A orde a executar sería:

badblocks -s -v -n -f /dev/sdb

-s : indica que se amosará o proceso con por centos.

-v : modo verbose, o que significa que amosa os erros que vaia atopando.

-n : indica que se intentará usar un modo non destrutivo, tratará de recuperar os sectores así como a información contida neles.

-f : forza a lectura escritura nos dispositivos que estean montados. normal é que se unha partición do disco duro está montada, badblocks non a revise. Con este parámetro faría a revisión. Recoméndase desmontar todo antes de facer a revisión.

Fontes: computernewage.com, askubuntu.com

Fontes: askubuntu.com, blog.desdelinux.net.

Tradución ó galego de Framadate

Framadate é un aplicativo para facer enquisas entre os membros de grupos, por exemplo para quedadas. Algo similar a doodle (privativo), dudle, nuages...

Hoxe enviei a tradución ao galego a traveso de github. En total foron algo máis de 300 cadeas.

Ferramenta de planificación de encontros/actividades

Unha das mais coñecidas é doodle, máis o que buscaba era algo de código aberto para instalar no meu servidor.

Dudle

Este foi o primeiro de código aberto que atopei, no sitio oficial pode verse o funcionamento. Aquí hai unhas instrucións de como instalar máis no meu caso, non fun quen de botalo a andar, penso que polas cousas que xa teño instaladas, supoño que se partise dunha instalación limpa si que iría.

Nuages

Nuages está desenvolvido en Django, descarteino porque xa teño un web2py e non quería mesturalo co Django.

OpenSondage

Baseado en STUdS, o proxecto foi renomeado a framadate

Framadate

Está case todo en Francés. Framadate está feito en php o cal me permite unha boa integración no meu caso.

Para a instalación seguín estas instrucións, están en francés pero entendese ben.

Sobre o descrito na instalación, realicei os seguintes cambios, no canto de empregar o usuario e grupo framadate para o código empreguei www-data.

Logo tiña outro problema, unha vez creada a enquisa non podía acceder á mesma, saía o erro "... /admin was not found on this server. ", aquí indican como resolvelo.

No meu caso vai sobre un cartafol (no vai na raíz do sitio).

Combinar ficheiro de son cun ficheiro de video

Precisaba xuntar (superpoñendo) un ficheiro de son cun de vídeo, neste caso eran dous ficheiros mp4, para elo empreguei desde a terminal a orde:

ffmpeg -i ficheiro_fonte_video.mp4 -i ficheiro_fonte_son.mp4 -c:v /
copy -c:a aac -strict experimental saida.mp4

Copiar ficheiros longos con rsync

Precisaba copiar uns catafoles dun vello disco a outro, quería conservar os permisos e propietarios polo que optei por empregar rsync.

A orde que enpreguei en concreto foi:

#rsync -a cartafol_orixe /cartafol/destino/

Nota: cartafol orixe remata sen barra e cartafol_destino si, de este xeito dentro de cartafol_destino crease un cartafol chamado como o orixe e mete dentro del todo o que haxa.

Outra opcion é empregar cp. O parámetro -u indica que só copia cando o ficheiro da fonte é máis novo que o destino ou cando non existe no destino. O parámetro -a (arquivo) fai que sexa recursivo, non recopia ficheiros.

# cp -au source dest

Fonte: serverfault.com

Emprego de virtualenv con Eclipse

Emprego Eclipse con engadido PyDev. Pois ben, este permite escoller o interprete python para cada proxecto.

No momento de configurar o proxecto (e unha vez creado tamén), pode seleccionarse o interprete.

Os interpretes poden xestionarse en Window->Preferences->PyDev->Interpreters->Python Interpreter. Desde aquí para engadir unha contorna virtual (virtualenv) no momento se seleccionar o executable, selecciono o da contorna virtual por exemplo: /home/usuario/.virtualenvs/envpy34/bin/

Un detalle é que o Eclipse vai tratar de avisar para engadir tamén as rutas fora da contorna as cales desmarquei.

Fonte: stackoverflow.com

Amosando 21 a 30 de 324