Restrinxir o acceso a phpmyadmin para poder acceder só desde a rede area local (LAN)

Isto fai que só se poida acceder desde a rede de área local ó phpmyadmin.

Para elo modifiquei o ficheiro:

$ sudo nano /etc/phpmyadmin/apache.conf
Dentro da sección <Directory /usr/share/phpmyadmin>. Ó final engadín:
    # Inicio only access LAN
    <IfModule mod_authz_core.c>
        # Apache 2.4
        <RequireAny>
          Require local
          #Pon aquí debaixo o enderezo da túa rede
          Require ip 192.168.1.0/24
        </RequireAny>
    </IfModule>
    # Fin only access LAN

gardei e comprobei con:

$ sudo apachectl configtest

Finalmente reiniciei o apache:

$ sudo systemctl restart apache2

Agora o aceso só se permite se se está dentro da rede de área local 192.168.1.0/24

Fonte: stackoverflow.com

Modificar comportamento do Firefox ó seleccionar con dobre clic

Hay varios parámetros que se poden modificar para mudar o comportamento referido á selección de texto.

* layout.word_select.eat_space_to_next_word

* layout.word_select.stop_at_punctuation

* browser.urlbar.clickSelectsAll

* browser.urlbar.doubleClickSelectsAll

* browser.triple_click_selects_paragraph.

Debido a un cambio de consideración en canto ó guión baixo no 2017 engadiuse:

* layout.word_select.stop_at_underscore

Este último parámetro é o que permite volver seleccionar até o guión baixo. No meu caso éme moi útil xa que teño modelos nos que preciso este tipo de comportamento.

Ver máis (ligazón externa).

VSCode, alternar entre o editor de código e o terminal

Para elo hai que engadir no ficheiro de atallos ~/.config/Code/User/keybindings.json o seguinte:
    {
        "key": "alt+j",
        "command": "workbench.action.terminal.focus"
    },
    {
        "key": "alt+j",
        "command": "workbench.action.focusActiveEditorGroup",
        "when": "terminalFocus"
    }

Nova versión do Xfce,

Notas de lanzamento para 4.14 din:

Hoxe, despois de 4 anos e 5 meses de traballo, temos o pracer de anunciar o lanzamento do escritorio Xfce 4.14, unha nova versión estable que substitúe ao Xfce 4.12.

Publicarase un resumo lexible con todas as modificacións como unha nova entrada na páxina web:

http://xfce.alteroot.org/about/news

Para obter unha lista detallada dos cambios, consulte os cambios en:

https://www.xfce.org/download/changelogs/4.14

Esta versión conta coa tradución ó galego ó 100%

Polo Software Libre na Educación Galega

O tecido social, asociativo e empresarial do software libre galego queremos amosar a nosa preocupación ante a decisión do Goberno galego de implantar software privativo no ensino público e o dispendio económico de 13,5 millóns de euros en licenzas de código pechado. Malia o publicado na prensa sobre a gratuidade da implantación de software ofimático, ambos acordos recentes, están claramente vinculados desde o punto de vista da planificación. Isto traerá consecuencias, dificultando a interoperabilidade dos sistemas e obstaculizando o uso de estándares abertos na Administración pública.

O convenio asinado entre a Conselleira de Educación, a directora da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e a presidenta de Microsoft España afecta ao tecido produtivo das TIC: incrementa a dependencia tecnolóxica dos futuros profesionais e mingua a súa capacidade de investigación, autoaprendizaxe e adaptación ás ferramentas do mercado, capacidade básica agardada en perfís profesionais tecnolóxicos. Como primeiro aspecto criticable, temos que dicir que o texto do convenio non é público, polo que non podemos deixar de lado preocupacións sobre o seu alcance, garantías e conveniencia. O alumnado de formación profesional informática será instruído nas plataformas privativas de Microsoft®. Isto provocará un efecto contaxio nas nosas empresas TIC converténdoas en consumidoras de tecnoloxía no canto de ser produtoras, por non falar da súa extensión ao ámbito directo das familias.

As empresas de software libre en Galicia son referentes no contexto TIC español. Isto débese en boa medida á capacidade de contar con profesionais cunha formación ampla e coas vantaxes que ofrece o código aberto. Esta tecnoloxía socialmente aberta permite que o alumnado poida investigar en profundidade as ferramentas informáticas innovando novos usos e funcionalidades. Ademais permítelle aos docentes propor metodoloxías innovadoras na aula, como a aprendizaxe baseada en retos ou proxectos. Esta forma de traballar logra recrear a forma de traballo das empresas, mentres que coas solucións privativas non é posíbel adestrarse en desenvolvemento.

O proceso de formación debe garantir que o alumnado acade pericias que posteriormente lle permitan adaptarse de xeito sinxelo á evolución das ferramentas do mercado, fomentar a súa capacidade de autoaprendizaxe para a vida real, polo que o argumento de incorporar no proceso formativo as versións máis novidosas do software privativo, é unha vía morta, antes ben, mingua a capacitación do alumnado nas destrezas altamente valoradas no tecido empresarial galego en xeral, e no sector TIC en particular.

Asemade da preocupación polo almacenamento ou explotación dos datos de perfís persoais dos nosos menores que poida chegar a facer unha multinacional estranxeira, os investimentos en ferramentas de software privativo representan unha lápida para o futuro do alumnado, xa que os desinvestimentos en servizos de software libre representan unha degradación da creación de emprego nas empresas galegas que no futuro poderán empregar ao actual alumnado. Polo contrario, os investimentos en software privativo deixan ás empresas autóctonas como revendedoras de produtos cunhas ínfimas marxes de negocio, repercutindo a maior parte do investimento nas multinacionais estranxeiras e non xerando riqueza local. O investimento en software privativo para a ensinanza aboca o alumnado de vocación tecnolóxica a unha migración forzada, e polo tanto, un apoio ao terríbel proceso de descapitalización que sofre Galicia, ademais de frear o desenvolvemento do tecido empresarial tecnolóxico local.

As asociacións Aberteo, AGASOL, Asociación Informática Amigus, Bricolabs, Comunidade o Zulo, Ghandalf, GPUL, Nova Escola Galega, Proxecto Trasno, Recuncho Maker e Xeopesca, instamos a Xunta de Galicia a desbotar o acordo asinado con Microsoft ao ser prexudicial para a sociedade galega. Ademais convidamos á Consellería de Educación e á AMTEGA a ter cantas reunións sexan necesarias para afortalar a implantación de tecnoloxías libres.

Ver o manifesto e colaborar na difusión
https://polo-software-libre-na-educacion-galega.github.io/Manifesto/

Optimizar un PDF con imaxes

Tiven que optimizar un pdf con imaxes duplicadas, para elo, comecei por comprobar se hai imaxes duplicadas, mírase no «object ID», cousa que si pasaba

pdfimages -list
gs -o doc-optimizado.pdf -sDEVICE=pdfwrite -dDetectDuplicateImages=true doc-orixinal.pdf

Unha vez optimizado, volvín comprobar:

pdfimages -list

Fonte: stackoverflow.com

Telegram en galego

https://t.me/setlanguage/gl-beta

Elixindo un servidor FTP para o Debian Stretch

En base a este artigo elixín pure-ftp.

Pego aquí a tradución do sumario:

Resumo e recomendacións do servidor FTP

Tendo en conta as avaliacións anteriores, calquera servidor funcionaría en calquera situación, máis en xeral:

  • Se queres un servidor coas opcións de configuración máis flexibles e módulos externos: ProFTPd
  • Se só tes uns poucos usuarios e queres un servidor FTP sinxelo e seguro: PureFTPd
  • Se queres executar un servidor FTP a gran escala con moitos usuarios: vsftpd

Por suposto, os requisitos de todos son diferentes, así que asegúrate de avaliar as opcións de acordo coas túas propias necesidades.

Como reparar o Telegram sen acentos

No meu equipo teño instalado Debian 9 con Xfce 4.12, e ó instalar a versión de escritorio do Telegram os acentos non aparecen ó escribir.

Polo que entendo este debe ser un problema da versión do Xfce porque esta mesma eiva tamén a sofren usuarios de Xubuntu.

Replico aquí a solución fornecida por madrugueds.com.br por se lle serve a alguén.

Os pasos que seguín son os seguintes:

Pechei o Telegram.

Modifiquei o ficheiro .local/share/applications/telegramdesktop.desktop, para elo:

$ nano .local/share/applications/telegramdesktop.desktop

Busquei a liña que comeza por EXEC=[aquí vai a ruta do telegram].

Modifiquei dita liña engadindo «env QT_IM_MODULE=xim » (atención ó espazo ó final), quedou así:

EXEC=env QT_IM_MODULE=xim [aquí vai a ruta do telegram]

Gardei (control+o) e saín (control+x).

Finalmente abrín novamente o Telegram e xa me amosou correctamente os acentos.

Publicada a Xfce 4.14pre1!

Hoxe publicouse a versión previa do Xfce 4.14, a nova comeza dicindo:

Nota: ocorreu moito desde que se publicou a versión Xfce 4.12 hai catro anos e este anuncio só cobre os cambios incluídos nas últimas versións de desenvolvemento denominadas Xfce 4.14pre1. Amais, notamos certa confusión por parte de persoas ou noticias que parecen confundir xfdesktop co "Contorno de escritorio Xfce". A lista completa de cambios fornecerase coa versión final de Xfce 4.14, pero aquí van algúns destacados que se publicaron a última semana (escollidos subxectivamente polo autor).

Esta versión contará coa tradución ó galego ó 100%. Incluíndo amais as traducións dos proxectos complementarios Whiskermenu e Xfdashboard. Whisker menú é un menú de aplicativos alternativo moi chulo e o Xfdashboard é o equivalente GnomeShell para o Xfdashboard.

Máis información no blogue de Xfce.

Amosando 1 a 10 de 363